O guitarrista dos Suaves dirixirá un campamento de rock pioneiro en Ourense

Combinará música, aventura e natureza no lugar no albergue turístico do Corgo de Muíños e terá como convidados a músicos dos Suaves, Mago de Oz e Sôber.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/07/2019 | Actualizada ás 17:44

Comparte esta noticia

O guitarrista dos Suaves e director da escola A Casa da Música, Fernando Calvo, dirixirá entre os días 19 e 25 de agosto un campamento musical denominado 'Super Camp Rock', unha iniciativa para mozos de entre 15 e 25 anos que combinará música, lecer, aventura e natureza.

Super Camp Rock, un campamento en Ourense que axunta música e natureza
Super Camp Rock, un campamento en Ourense que axunta música e natureza | Fonte: Europa Press

O campamento, que se situará no albergue turístico do Corgo, está dirixido a mozos que demostren como mínimo un ano de experiencia nos instrumentos de guitarra, batería, percusión, piano, teclado, baixo eléctrico ou acústico, co fin de aproveitar ao máximo a experiencia. Os interesados que opten pola modalidade de canto moderno ou clásico non precisan de experiencia previa.

En palabras de Fernando Calvo, a iniciativa contará con convidados de de primeira orde estatal no panorama musical que farán da experiencia "unha semana inesquecible". Alí estarán Alberto Cereijo e Charly Domínguez dos Suaves, Manuel Seoane de Mago de Oz e Jorge Escobedo e Antonio Bernardini de Sôber.

"A base do campamento será a formación musical impartida por profesores titulados, con ampla experiencia na docencia e músicos en activo", explicou o guitarrista dos Suaves durante a presentación da iniciativa, celebrada este luns no Pazo Provincial.

No entanto, o seu director definiuno como "un campamento musical único" porque tamén ofrece actividades náuticas, deportes, sendeirismo e xincanas, a maiores de clases de harmonía, instrumentos e concertos.

VOCACIÓN DE "CONTINUIDADE"

Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mostrouse "satisfeito" de presentar "unha convocatoria diferente" á que lle augura "continuidade" grazas á colaboración entre o ente provincial e o Concello de Muiños.

"O campamento, cun máximo de 50 prazas, converterase nun clásico do verán ourensán destinado a adquirir coñecementos musicais en contacto coa educación ambiental en lugares históricos que singularizan a provincia de Ourense", apuntou Baltar

Pola súa banda, o alcalde de Muíños, Plácido Domínguez, destacou a importancia de realizar iniciativas deste tipo no complexo do Corgo, que "recibe cada ano centos de mozos de distintos puntos de España para desenvolver actividades relacionadas coa natureza e os deportes naúticos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta