Fangoria, Sinistro Total, Los amigos de los Músicos e Mikel Erentxun, primeiros nomes das festas de Ferrol

Os principais eventos terán lugar durante a súa semana grande, do 23 ao 31 de agosto.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 13:00

Comparte esta noticia

Fangoria, Sinistro Total, Los amigos de los Músicos e Mikel Erentxun son algúns dos grandes nomes que protagonizarán a oferta musical das festas de Ferrol, que vivirán a súa semana grande entre o 23 e o 31 de agosto.

O concello ferrolán realizou este martes un primeiro avance da programación das festas da cidade naval, que aínda non está pechada, segundo afirmou o concelleiro de Festas, Antonio Golpe.

Con todo, o "groso" do programa "está realizado" a pesar de ser configurado "a contrarreloxo" debido á escasa marxe que tivo o goberno socialista tras tomar posesión o pasado mes de xuño. Así, todos as actuacións musicais serán gratuítas e desenvolveranse na Praza de España, Praza de Amboaxe e Canido. Con todo, as actividades complementarias pendentes de confirmar "poderían realizarse noutros lugares da cidade", recoñeceu Antonio Golpe.

FANGORIA ABRIRÁ AS FESTAS O DÍA 23

Deste xeito, o concerto de Fangoria na Praza de España o venres 23 de agosto abrirá a 'semana grande' das festas ferrolás. Un día máis tarde será a quenda de Dorian no mesmo emprazamento e hora, as 22,00 horas.

A partir do domingo 25 de agosto o escenario trasládase á Praza de Amboaxe, onde estarán Tanxungueiras e Los Amigos de los Músicos. Para o luns 26 está reservado un dos clásicos das festas como é o festival de Rondallas.

A programación para o martes 27 de agosto está aínda pendente de confirmar, aínda que o Concello de Ferrol pretende reservar esta xornada para "actividades na rúa" orientadas a un público familiar, segundo indicou Antonio Golpe.

SINISTRO TOTAL   Arquivo
SINISTRO TOTAL Arquivo | Fonte: Europa Press

BANDAS LOCAIS COMO TELONEIROS

Outro dos aspectos nos que traballa o goberno local para pechar a programación das festas é en que bandas locais actúen como teloneiros nos grandes concertos. Así as cousas, segundo apuntou Golpe, o resto da programación irase dando a coñecer nos próximos días, polo que o concelleiro non quixo facer referencia ao investimento para estas festas "porque aínda non está todo pechado".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta