O gasto medio por fogar en Galicia aumentou un 1,1% en 2018

Ascende un 1,3% o total gastado no país, mentres que por persoa a cifra sitúase en 11.119 euros.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/07/2019 | Actualizada ás 14:31

Comparte esta noticia

O gasto medio por fogar aumentou un 1,1% en 2018 en Galicia, ata un total de 27.275 euros, que son 2.614 menos que a media, próxima aos 30.000, segundo os datos que publica este martes o Instituto Nacional de Estatística (INE).

Mentres, o gasto medio por persoa na comunidade galega o ano pasado foi de 11.119 euros, co cal o índice sobre a media do gasto medio por persoa situouse no 92,5%. O gasto total na comunidade, máis de 29,77 millóns de euros, supón unha variación respecto ao exercicio anterior do 1,3%, segundo a 'Enquisa de Orzamentos Familiares' do INE.

Por grupos, á vivenda, auga, electricidade e outros combustibles correspondeu un gasto de case 8,46 millóns. Seguíronlle a alimentación con 4,65 millóns e o transporte, con 4,08.

DATOS ESTATAIS

No conxunto estatal, o gasto medio por fogar subiu un 2,3% en 2018, ata 29.871 euros, o seu valor máis alto polo menos desde 2010. É o cuarto ano consecutivo no que aumenta o gasto por fogar.

Carriño da compra con calculadora incorporado. REDDIT - Arquivo
Carriño da compra con calculadora incorporado. REDDIT - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta