Arte de man, o escaparate artesán de Galicia

O concello de Allariz vén de publicar as bases para participar nun dos mercados de artesanía de referencia de Galicia.

Por X.M. Fernández | Allariz | 31/07/2019 | Actualizada ás 11:00

Comparte esta noticia

A área de promoción económica do Concello de Allariz organiza cada ano o Mercado de Artesanía “Arte de Man” coincidindo co segundo domingo de setembro. O evento ten como obxectivo a promoción, demostración e venda da artesanía local así como doutros/as artesáns/ás galegos/as e convidado/as. 

Artesanía Armaior
Artesanía Armaior

O casco histórico de Allariz converterase o vindeiro 8 de setembro, en horario de 11:00 a 20:00 h., nun mercado de artesáns/as da cerámica, pintura, debuxo e gravado, escultura, xoiería e bixutería, téxtil, vidrería, coiro, madeira... no que os visitantes poderán gozar de varios obradoiros e demostracións ao vivo.

Para poder participar neste evento como artesán a organización publicou estes días as bases de participación e abriu o prazo de inscrición podendo facelo a través da páxina  www.allariz.gal/artedeman

As técnicas de promoción económica xunto con artesáns/ás de Allariz serán os/as encargados/as de seleccionar aos/ás participantes segundo a calidade e singularidade do produto, a diversidade da oferta e oficios e dando prioridade ás propostas que ofrezan á mostra do oficio en vivo durante a feira.

Museo do Coiro en Allariz. Foto: XMF
Museo do Coiro en Allariz. Foto: XMF
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta