Morre un home de 65 anos en Carballo ao sufrir un infarto mentres paseaba

O falecido rematou precipitándose por unha altura e os efectivos do 061 non puideron facer nada.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2019 | Actualizada ás 19:54

Comparte esta noticia

Un home de 65 anos veciño da parroquia de Oza, no municipio coruñés de Carballo, faleceu na tarde deste mércores ao sufrir un infarto mentres paseaba, segundo informaron a Europa Press fontes de Protección Civil.

O suceso tivo lugar ás 16:45 horas deste mércores nunha zona próxima ao lugar de Oza da Estrada. O falecido, ao sufrir o infarto, rematou precipitándose por unha altura. A pesar de desprazarse ata o punto, os efectivos de Urxencias Sanitarias 061 non puideron facer nada pola vida do home, que faleceu no lugar.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta