O BNG critica que haxa xuíces imprudentes que "tramitan denuncias contaminadas politicamente"

Afea a Jácome que usase as denuncias contra o goberno bipartito "para gañar apoio electoral" tras o arquivo dunha denuncia contra un ex concelleiro nacionalista.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/07/2019 | Actualizada ás 21:30

Comparte esta noticia

O BNG de Ourense criticou ao actual alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, por empregar durante a súa etapa na oposición as denuncias contra o goberno bipartito "para gañar apoio electoral" usando "artimañas e calumnias".

Audiencia Provincial de Ourense
Audiencia Provincial de Ourense | Fonte: wikipedia

Tamén censurou que ditas demandas fosen xestionadas "con tan manifesta imprudencia" por parte dos xuíces, que "tramitaron denuncias contaminadas politicamente". "Investigacións que se poderían resolver no ámbito Contencioso-Administrativo e que deixaron aos concelleiros inhabilitados durante todos estes anos", indica o Bloque no seu comunicado.

A formación frontista na Cidade das Burgas emitiu un comunicado este mércores, horas despois de coñecerse a sentenza que absolve ao exconcelleiro do BNG Andrés García Mata dun delito continuado de prevaricación administrativa no denominado caso Bedoya, que levara aos tribunais o entón portavoz do grupo municipal de Democracia Ourensá, Gonzalo Pérez Jácome, actual alcalde de Ourense.

"Non hai nada máis rexeitable en política que chegar a gobernar un concello á conta de usar a mentira e a farsa", apuntou o portavoz nacionalista na corporación oruensana, Luís Seara, que lembra que se trata da segunda absolución nos últimos días para un edil do goberno bipartito.

E é que, hai só 20 días, outro caso denunciado por Democracia Ourensá, a xestión do servizo de axuda a domicilio no Concello de Ourense entre 2007 e 2010 tamén recibiu carpetazo da Audiencia Provincial, que estimou recursos presentados, entre outros, pola exconcelleira de Benestar Social Marga Martín, do PSOE, por entender que "non queda debidamente acreditada a perpretación de delito algún".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 4 comentarios

2 Bendito Chiringuito

Todos inocentes. Eran denuncias falsas, motivadas políticamente, tipo as presentadas contra o clan Baltar, o Louzán ou o Cacharro e outros moitos limpos e modélicos do Partido Pobre (pola limpeza e a dedicación altuista á política profesional, que os empobrece xa que non se piden dedicar ao seu oficio no que gañarían moito máis, pobriños). Os argumentos do BNG son impecables, até no Partido Pobre están de acordo, comparten tanta dedicación e tanto amor polo próximo...

1 Pobriño ti

Claro porque o do BNG tiña unha colección de coches moi listo ti

1 Cruña

Entendido el mensaje del BNG. Lo que tienen que hacer los jueces es pedir consejo a la UPG cada vez que haya una denuncia que les pueda perjudicar.

1 Love

O que está claro é que eran denuncias sen fundamento. De todos os xeitos, xa que opinas en varias noticias sobre isto, deberían pedirche consello a ti, que tanto sabes. Ademais poderías axilizar esta xustiza tipo tartaruga que dicta sentencias 50 anos despois dos feitos. Porca miseria e mísera ignorancia.