A nova edición da Feira do Libro da Coruña estará aberta ata o día once de agosto

Desde a Deputación provincial piden un pacto polo libro galego e a unión dos sectores para defender o seu futuro.

Por E.P. | A CORUÑA | 01/08/2019 | Actualizada ás 19:30

Comparte esta noticia

A Coruña acolle desde este xoves unha nova edición da Feira do Libro da Coruña, que se desenvolverá ata o día 1 nos xardíns de Méndez Núñez.

O acto contou co pregón da escritora coruñesa Pilar Pallarés e coa presenza, entre outros, do deputado de Cultura do organismo provincial, Xurxo Couto que, segundo informa a institución provincial, avogou pola necesidade dun pacto polo libro galego e a unión dos sectores para defender o seu futuro.

Nesta edición, a Deputación da Coruña conta cun espazo propio coas súas publicacións e información ao redor da súa política cultural, ademais de ofertar actividades propias.

Posto de libros
Posto de libros | Fonte: EP

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta