Por E.P. | PONTEVEDRA | 02/08/2019 | Actualizada ás 10:16
Efectivos de emerxencias e salvamento auxiliaron a última hora da tarde deste xoves a unha embarcación con oito persoas a bordo que embarrancou na Illa da Arousa (Pontevedra) e a outra que quedou sen motor na localidade pontevedresa do Grove.
Segundo informou o 112 Galicia, a Ría de Arousa foi escenario este xoves de dous incidentes provocados polo varamento de dúas embarcacións sen que se rexistrasen persoas feridas.
Primeiro, na Illa de Arousa un barco con oito persoas a bordo quedou embarrancado. Á zona acudiu a 'Salvamar Sargadelos' tras recibir o aviso do 112 Galicia cando estaban a piques de dar as 20,00 horas. Con todo, descartou intervir en canto comprobaron que o barco varado estaba a ser remolcado por outra embarcación.
Máis tarde, no Grove, pasadas as 21,00 horas, os membros do servizo local de Protección Civil acudiron a unha praia para recoller tamén unha embarcación que quedou sen motor.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.