O loteiro do boleto sen dono na Coruña pide declarar voluntariamente no xulgado

A investigación policial conclúe que, presuntamente, o loteiro enganaría ao lexítimo propietario hai agora sete anos, cando o loteiro atopou un boleto premiado no mostrador do seu despacho.

Por E.P. | A CORUÑA | 02/08/2019 | Actualizada ás 11:50

Comparte esta noticia

O loteiro da administración de lotaría da Coruña onde atopou hai sete anos un boleto premiado con 4,7 millóns de euros, e do que aínda non está confirmado quen é o seu dono, pediu declarar voluntariamente no xulgado.

Así o confirmou a Europa Press Manuel Reija, despois de que transcendese nas últimas horas, a través de distintos medios de comunicación, que a investigación policial conclúe que, presuntamente, o loteiro enganaría ao lexítimo propietario.

A preguntas de Europa Press, Manuel Reija, o loteiro da administración situada na zona da praza de San Agustín, non quixo facer declaracións ao redor das conclusións do citado informe policial. "Pedín declarar voluntariamente no xulgado, non teño máis que dicir", asegurou, derivando todas as explicacións á comparecencia xudicial.

Sobre este caso, que se remonta ao ano 2012 cando o loteiro asegurou atopar o boleto premiado con 4,7 millóns no mostrador do seu despacho, o delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, confirmou este xoves a práctica de dilixencias e actuacións por parte da Policía Nacional, a requirimento xudicial.

Con todo, remitiuse ao segredo do sumario, ao ser preguntado sobre as conclusións do citado informe policial en relación a unha causa aberta despois de que distintas persoas reclamasen ser os propietarios dun boleto, polo momento, sen dono.

Lotaría de Nadal
Lotaría de Nadal

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta