A Xunta censura a "política errática" do Goberno que "demoniza" o diésel e advirte do impacto na automoción

Francisco Conde, conselleiro de Economía subliñou que Galicia "aposta por unha transición ecolóxica ordenada".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2019 | Actualizada ás 13:47

Comparte esta noticia

A Xunta censura a "política errática" do Goberno central que supón unha "demonización" do diésel e da gasolina, en palabras do conselleiro de Economía, Francisco Conde, quen advertiu do impacto no sector da automoción, que se atopa nunha "situación preocupante". En declaracións aos xornalistas este venres en Boiro, o titular do departamento autonómico reprobou as "mensaxes contraditorias que está a lanzar" o Goberno central neste eido.

En Galicia, que asume a produción de case o 15% de todos os coches que se producen en España de acordo cos datos do conselleiro, esa política "non está a favorecer ao sector", tampouco no que ten que ver coa comercialización. Ao contrario, subliñou que a comunidade "aposta por unha transición enerxética ordenada que permita compatibilizar e convivir os diferentes medios no 'mix' enerxético".

AXUDAS EN MARCHA

"Hai que impulsar a comercialización tamén de vehículos eficientes desde o punto de vista das emisións de dióxido de carbono e tamén o diesel e a gasolina teñen un espazo para atender as demandas do consumidor e do sector a través dos concesionarios", expuxo.

Por iso, precisamente, apuntou á orde de axudas "en marcha" por parte da administración autonómica. "Imos acompañar as demandas do sector industrial e dos concesionarios para consolidar un sector produtivo e para abordar un proceso de renovación do parque móbil coa compra de vehículos eficientes", concluíu.

Atasco. EUROPA PRESS - Arquivo
Atasco. EUROPA PRESS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta