Temas: FAUNA ANIMAIS

Os centros de recuperación de fauna silvestre de Galicia atenderon máis de 3.300 animais o pasado ano

A maioría dos animais atendidos foron aves.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 02/08/2019 | Actualizada ás 18:04

Comparte esta noticia

Máis de 3.300 animais foron atendidos ao longo do pasado exercicio no catro centros de recuperación da fauna silvestre que ten a Xunta. Estes centros, destinados á atención de exemplares feridos ou enfermos recollidos en distintos puntos están situados en Oleiros, Veral, Carballedo e Rodicio.

A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, no centor de recuperación de fauna en Maceda (Ourense). XUNTA
A conselleira de Medio Ambiente, Anxos Vázquez, no centor de recuperación de fauna en Maceda (Ourense). XUNTA | Fonte: Europa Press

A maioría dos animais atendidos foron aves, unhas 2.914, aínda que tamén se recolleron 25 mamíferos e unha decena de réptiles.

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou este venres o centro do municipio de Maceda, que acolleu a 245 animais o pasado ano.

Vázquez valorou este tipo de instalacións para "fomentar a conservación e a recuperación de especies" que requiran atención e seguimento en catividade debido ao seu estado de saúde, ata a súa completa recuperación.

Temas: FAUNA ANIMAIS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta