Animalistas solicitan 454.000 firmas para pedir a rebaixa do IVE veterinario

Aseguran que non todas as persoas se poden permitir un gravame "tan alto", do 21%, para afrontar as actuacións veterinarias. Cómpren medidas, din, para evitar o abandono e os malos tratos animais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 03/08/2019 | Actualizada ás 13:56

Comparte esta noticia

As asociacións animalistas Libera e Fundación Franz Weber manifestaron a súa intención de presentar ante o Parlamento de Galicia as 454.000 firmas que solicitaron para reclamar a redución do IVE veterinario, que agora se atopa no 21 por cento.

Ambas agrupacións consideran que non todas as persoas se poden permitir un gravame "tan alto" para as actuacións veterinarias e que o único que se consegue con este IVE é "encarecer os servizos e a alimentación" dos animais, as "bases fundamentais" para o seu coidado.

Neste sentido, Libera e Franz Weber denunciaron que, ademais, este tipo impositivo causou o descenso do número de accións veterinarias e que as institucións non puxeron en marcha medidas para reverter o problema a través de "políticas públicas" e así evitar o "abandono e os malos tratos".

Por este motivo, os grupos en defensa dos animais recolleron 454.000 firmas para presentar no Parlamento galego e reclamar a baixada do IVE a través dunha lei marco de protección animal que "blinde os impostos adecuados á materia".

Á súa vez, Libera e Franz Weber reclamaron que tamén se acabe coas "disparidades" que existen "entre comunidades" en casos de malos tratos, que se castigan con 30.000 euros en Galicia e con 6.000 euros en Castela-A Mancha.

Can. ROYAL CANIN
Can. ROYAL CANIN | Fonte: MASCOTEROS SOLIDARIOS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta