O barato que sae contaminar os ríos galegos: 99,53 euros

Esta foi a multa que a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil lle impuxo a un dos concellos máis ricos de Ourense, o de San Cibrao das Viñas, por un novo episodio de contaminación do Río Barbaña.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 04/08/2019 | Actualizada ás 22:00

Comparte esta noticia

A Plataforma Ríos Limpos presentaba o pasado 17 de Nadal unha denuncia por un novo caso de contaminación do Río Barbaña. E, a sorpresa desta entidade foi maiuscula cando coñeceron a resolución do expediente sancionador. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil pechaba o caso cunha multa de 99,53 euros ao concello de San Cibrao das Viñas, un dos máis ricos da provincia de Ourense.

A sanción causou indignación entre os membros desta plataforma que lembran que só o acceso do Polígono de San Cibrao á autovía custa 24 millóns de Euros e pregúntanse como é posible que contaminar un río saia tan barato.

De feito, os casos de contaminación no río Bargaña son recorrentes. Ríos Limpos presentou case 40 denuncias por afeccións a este río, un dos máis problemáticos da provincia de Ourense. A máis grave, a acontecida en xuño de 2009 e que chegou aos tribunais. Pero o Xulgado do Penal 2 de Ourense acabou ditando sentenza absolutoria.

Quedaba así impune o maior delito ecolóxico sufrido por este río, unha vertedura industrial procedente dalgunha empresa da contorna industrial de San Cibrao das Viñas, que se propagou por cinco quilómetros da canle, causou a morte de 17.013 peixes e afectou a 5,6 hectáreas provocando danos ambientais cuantificados en 225.000 euros. A autora da corrosiva vertedura nunca foi identificada, polo que a acusación por un delito contra o medio ambiente por omisión dirixiuse exclusivamente aos responsables da depuración, a administradora da xestora Espiñae o entón xefe de servizo.

Estado no que quedou a herba logo dunha fumigación en Ourense ao carón do río Bargaña
Estado no que quedou a herba logo dunha fumigación en Ourense ao carón do río Bargaña

DENUNCIAS RECORRENTES

De feito, Ríos Limpos leva anos criticando e denunciando o que acontece neste río ante a sucesión de episodios contaminantes nun río moi castigado. A plataforma ten demandado ás administracións máis medidas de control para evitar feitos devastadores para a flora e fauna como a de xuño de 2009.

O do río Bargaña non é o único caso de contaminación na provincia de Ourense. Ríos Limpos ten postas xa máis de 80 denuncias por verteduras a ríos de Ourense, como o Támega, o Limia, o Avia, o Arenteiro, o Avia e o Miño, ademais do Barbaña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 2 comentarios

2 Avrionia

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil está en mans do psdg-psoe... "Baltaria" está en mans do ppdg... A culpa é da upg, non?

1 Xaquín

Ah o chiringuito das Confederacions. Case tan cutre como Augas de Galicia, refuxio de enchufados, vividores y funcionarios con segunda actividade mais o menos relacionada co traballo da mañá.