Román Rodríguez agarda que o Concello de Santiago asuma as súas "responsabilidades" no Xacobeo 21

Destaca que o Camiño de Santiago porase en "perfecto estado" porque é o "espello" de Galicia

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/08/2019 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, apostou por un Xacobeo 21 que teña en conta os valores tradicionais, pero que tamén "responda ás novas demandas dos cidadáns" tras once anos sen celebrar o Ano Santo e "moitos cambios na sociedade".

Así o explicou Rodríguez nunha entrevista na canle galega da Radio Nacional Española (RNE), recollida por Europa Press, na que tamén destacou o valor "estratéxico" da celebración. "Os Xacobeos sempre son momentos de inflexión positiva para Galicia", xa que achegan en torno ao 4% ,5" Produto Interior Bruto (PIB) galego, indicou.

Ademais dos propios valores do Camiño, "encontro, solidariedade e motivación", segundo apuntou o consellerio, a eles hai que sumar a translación económica "tremendamente importante" que ten o evento, porque este Xacobeo "pode supor un 0,9% de incremento no PIB" así como a creación "11.000 empregos directos".

UN XACOBEO 2021 "MOI PLANIFICADO"

En relación co último Ano Santo, o responsable de Cultura sinalou que o Xacobeo 2010 foi unha celebración de "emerxencia" tras o cambio de goberno de 2009, e argumentou que "non había nada preparado" naquel momento. En contraposición, para este Xacobeo 2021 asegurou que está todo "moi planificado" e confía en que o Concello de Santiago "estea á altura das súas responsabilidades".

Conforme a isto, a Xunta presentou o plan estratéxico do Ano Santo e anunciou que está previsto que se faga pública a programación do evento para finais de ano. "Estamos a involucrar a toda a sociedade civil e administracións no proxecto" comentou Rodríguez respecto diso.

Na súa intervención, o integrante do Goberno galego fixo fincapé en que o Xacobeo 2021 será "participativo e sustentable no tempo"; ademais de apostar por unha "descentralización" do evento en relación á época estival.

Román Rodríguez, conselleiro de Cultura XUNTA DE GALICIA
Román Rodríguez, conselleiro de Cultura XUNTA DE GALICIA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta