Galicia rexistra unha caída dun 0,7% en xullo na creación de empresas

Por E.P. | VIGO | 05/08/2019 | Actualizada ás 10:19

Comparte esta noticia

Galicia rexistrou a creación dun total de 289 empresas en xullo, o que supón unha caída do 0,7 por cento respecto ao mesmo mes do ano anterior, no que houbo 291 constituídas. Ademais, rexistráronse 38 máis que en xuño deste ano, segundo os datos que publicou este luns o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Ademais, en xullo ampliaron o seu capital social 112 sociedades mercantís que ascebdey a 45,3 millóns de euros. Case todas as empresas creadas foron SL, un 98,96 por cento do total, e o capital medio subscrito por este tipo de sociedades foi de 83.198,84 euros por empresa.

As provincias de Pontevedra e A Coruña rexistraron o maior número de creación de empresas en Galicia, cun 41,72 e un 37,02 por cento do total, respectivamente, seguidas a certa distancia por Ourense e Lugo, que acumulan un 10,73 por cento cada unha.

O 23,18 por cento das empresas compañías constituídas en xullo pertencen á rama do comercio, mentres que as seguintes actividades en importancia son a construción (15,92 por cento), a industria e a enerxía (10,38 por cento), e as actividades inmobiliarias, financeiras e de seguros (10,38 por cento).

Empresa en Mos
Empresa en Mos | Fonte: GARDA CIVIL - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta