O alcalde de Ourense acusa a funcionarios de usar o vehículo oficial "fóra de hora"

Jácome dita unha orde que supón "un aviso a navegantes" para evitar "que se aproveiten" de recursos públicos.

Por Europa Press / Redacción | Ourense | 05/08/2019 | Actualizada ás 16:31

Comparte esta noticia

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, asegurou este luns "ter constancia de funcionarios que utilizan o vehículo oficial fñora de hora", motivo que o levou a ditar unha orde pola que insta os traballadores municipais a deixar o coche as fins de semana nunha instalación do Concello.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (esquerda).
O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome (esquerda). | Fonte: Europa Press

A orde é, en palabras de Jácome, "un aviso a navegantes", despois de observar actuacións "puntuais", pero "intolerables". "A medida foi ditada para evitar que se aproveiten dos coches públicos, a gasolina e demais elementos de desgaste para un uso particular", declarou o rexedor.

Por outra banda, este mesmo luns tamén o alcalde presentou no Concello de Ourense a cuarta edición do Encontro Hispanoamericano Bloceánico de Gastronomía (ENBHIGA) que se celebrará do 15 ao 19 de outubro na cidade das Burgas, organizado por Cociña Ourense. Serán cinco días no que a cidade acollerá a 70 chefs, xornalistas especializados e operadores de turismo de 15 países do mundo.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta