Case 40 agrupacións de Protección Civil colaboran na atención a peregrinos no Camiño

Esta colaboración realizábase inicialmente só nos anos Xacobeo, pero a partir de 2016, dado que cada vez hai unha maior afluencia de peregrinos, habilitouse este plan de forma anual.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 06/08/2019 | Actualizada ás 18:10

Comparte esta noticia

A Xunta colabora este ano cun total de 39 agrupacións de voluntarios de Protección Civil para prestar asistencia aos peregrinos que percorren o Camiño de Santiago.

Os voluntarios ocúpanse, entre outras funcións, de patrullar as rutas que pasan polo seu termo municipal e concellos limítrofes e atender aos camiñantes por cuestións propias de Protección Civil, como axuda personalizadas, traslado de feridos ou primeiros auxilios.

Así o explicou o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, durante a súa visita aos membros do grupo de Emerxencia Supramunicipal (GES) e de Protección Civil da Gudiña.

Esta colaboración realizábase inicialmente só nos anos Xacobeo, pero a partir de 2016, dado que cada vez hai unha maior afluencia de peregrinos, habilitouse este plan de forma anual. Comezou con sete agrupacións do Camiño Portugués e agora xa chega a 39 e cobre tamén tramos da Vía da Prata.

O vicepresidente da Xunta visita aos membros do GES da Gudiña. XUNTA
O vicepresidente da Xunta visita aos membros do GES da Gudiña. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta