Un accidente con dous turismos implicados en Teo sáldase cunha persoa traslada a un hospital

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2019 | Actualizada ás 10:09

Comparte esta noticia

Un accidente de tráfico con dous turismos implicados rexistrado na mañá deste mércores no municipio coruñés de Teo saldouse cunha persoa trasladada a un centro hospitalario.

Segundo informou o 112 Galicia, sobre as 8,30 horas deste mércores o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) foi informado dun accidente entre dous turismos que circulaban pola AG-59, á altura da entrada a Santiago de Compostela, no concello de coruñés de Teo.

O alertante que chamou ao 112 Galicia para pedir axuda indicou que dúas mulleres, ocupantes dun dos vehículos implicados, precisaban asistencia sanitaria.

Por iso, o 112 Galicia pasou aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e informouse aos axentes da Garda Civil de Tráfico e Policía Local, aos Bombeiros de Santiago, aos membros do GES da Estrada e aos efectivos de Protección Civil, que, tras chegar ao lugar, solicitaron asistencia para outro ocupante do turismo.

O 061 desprazou ao momento unha ambulancia medicalizada e outra asistencial. A segunda trasladou ao Hospital Clínico de Santiago a unha persoa ferida, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo
Ambulancia do 061. 061-GALICIA - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta