Case 400 mozos con discapacidade buscan emprego en Galicia

Un total de 368 desempregados novos con discapacidade están inscritos como demandantes de emprego na comunidade galega, o que supón un 3,9% respecto ao total.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2019 | Actualizada ás 17:37

Comparte esta noticia

Un total de 368 desempregados novos con discapacidade están inscritos como demandantes de emprego na comunidade galega, o que supón un 3,9% respecto ao total. Esta cifra corresponde tamén ao 2,2% do total de parados menores de 25 anos en Galicia, que rexistra 16.400, de acordo co cuarto informe*'Novos con Discapacidade, motor de futuro' que realizaron Fundación Adecco e JYSK.

No conxunto estatal, son 9.419 os mozos con discapacidade (ata 25 anos) inscritos como demandantes de emprego, é dicir o 1,9% do total de desempregados novos en España (502.900). O seu perfil responde ao dun home (64%), que reside maioritariamente en Andalucía (22,7%), Cataluña (15,6%), Comunidade Valenciana (11,2%) e Comunidade de Madrid (10,5%). Este catro comunidades concentran a seis de cada 10 empregados con discapacidade menores de 25 anos.

En canto á evolución do número de desempregados menores de 25 anos con discapacidade en Galicia, o estudo constata un aumento do 0,3% no último ano. Con todo, diminúe un 19,2% nos parados novos sen discapacidade. Botando a vista atrás, a cifra de desempregados mozos menores de 25 anos en Galicia diminuíu máis rapidamente durante o último lustro respecto da dos parados novos con discapacidade: 53,5% fronte ao 22,2%.

Roberto Pereira, barista con síndrome de Down. DOWN VIGO
Roberto Pereira, barista con síndrome de Down. DOWN VIGO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta