O Concello de Melide traslada ao xulgado o problema de verteduras industriais ao río Furelos

Aadvirte da "alarma social" que xeraron os feitos "en toda a comarca" e denuncia que as empresas identificadas pola Xunta como causantes das verteduras "fixeron caso omiso dos requisitos feitos pola administración local.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 07/08/2019 | Actualizada ás 19:27

Comparte esta noticia

O Concello de Melide presentou unha denuncia ante o xulgado de primeira instancia e instrución número 1 de Arzúa para trasladarlle a problemática das verteduras procedentes o polígono industrial da Madalena "por se fosen constitutivos dun delito ambiental".

A posta en coñecemento da autoridade xudicial deste problema é unha decisión adoptada polo goberno municipal ao fío da vertedura que o pasado 12 de xullo causou a mortaldade de 10.000 peixes no río Furelos, segundo sinala o Consistorio.

Nunha nota de prensa, advirte da "alarma social" que xeraron os feitos "en toda a comarca" e denuncia que as empresas identificadas pola Xunta como causantes das verteduras "fixeron caso omiso dos requisitos feitos polo Concello, que lles instou a adoptar medidas urxentes para o cesamento inmediato". O goberno municipal indica que se viu "obrigado" a presentar denuncia pola "continuidade constatada" das verteduras e tamén precintou por iso as conexións das devanditas empresas á rede de saneamento do parque empresarial que xestiona Xestur no municipio.

Concello de Melide denuncia vertidos no Furelos. CONCELLO DE MELIDE
Concello de Melide denuncia vertidos no Furelos. CONCELLO DE MELIDE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta