O grupo Luar na Lubre leva a súa música aos mosteiros de Ourense

Prensentarán o seu último traballo 'Ribeira Sacra' en lugares emblemáticos da provincia.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 08/08/2019 | Actualizada ás 16:57

Comparte esta noticia

O grupo de música folk Luar na Lubre trae a Ourense a súa 'Sacroxira' que levará os sons da 'Ribeira Sacra', o seu último traballo, polos mosteiros e lugares emblemáticos da provincia. A xira comeza este xoves no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, continúa o día 13 de agosto no mosteiro de Santa María de Montederramo; o 30 de agosto actuarán no Parador de Monterrei; o 15 de setembro en San Pedro de Rocas; e terminarán coa xira o 20 de setembro en Santa María de Xunqueira de Espadanedo.

Durante a presentación desta iniciativa musical que se levou a cabo este xoves na sala de prensa do Pazo Provincial, o líder do grupo musical, Bieito Romeu, explicou que o nome de 'Sacroxira' responde a que "boa parte do concerto musical incluído neste traballo discográfico ten moito que ver co sacro".

SITIOS "EMBLEMÁTICOS"

Ademais, Romeu asegurou que a Ribeira Sacra está sempre presente na súa música e destacou a importancia de "dar a coñecer a música en sitios tan emblemáticos". Pola súa banda, o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, dirixiuse ao grupo como "un dos expoñentes máis notables da cultura galega universal e internacional" e subliñou a súa posta en valor da Ribeira Sacra con "unha homenaxe en forma de banda sonora homenaxe que resulta un agasallo para os sentidos".

No mesmo sentido, Baltar animou a todo o mundo a gozar destas representacións como "eventos únicos nos que se axunta a magnífica música de Luar na Lubre con lugares emblemáticos da provincia".

Presentación da 'Sacroxira' de Luar na Lubre.. DEPUTACIÓN DE OURENSE
Presentación da 'Sacroxira' de Luar na Lubre.. DEPUTACIÓN DE OURENSE | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta