A Xunta activa a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo

Ante a situación, evita aproximarse a diques ou rompentes e recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras "naquelas zonas máis perigosas".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 13:02

Comparte esta noticia

A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior da Vicepresidencia da Xunta activou a alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo.

Segundo informou a Vicepresidencia da Xunta, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) indicou que o episodio adverso costeiro de nivel laranxa afectará o noroeste e oeste da Coruña e a Lugo. En concreto, espéranse ventos do oeste ou suroeste con forza 7, que poden chegar a forza 8 na zona de Ortegal-Bares, con mar combinado do oeste e ondas de cinco a seis metros.

Por iso, co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do 112 Galicia, informou da situación aos concellos das provincias afectadas, Deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Debido ao temporal costeiro, a Xunta recomenda evitar aproximarse a diques ou rompentes co fin de previr un eventual golpe de mar que poida arrastrar persoas ou obxectos ou vixiar posibles caídas de obxectos desde balcóns e xanelas.

Tamén aconsella permanecer lonxe da costa, de praias, rompentes, paseos marítimos, espigóns, peiraos ou todas aquelas zonas que poidan ser varridas polo mar. E recomenda a suspensión das actividades pesqueiras e marisqueiras "como medida preventiva naquelas zonas máis perigosas", incidiu.

Temporal
Temporal | Fonte: © Miguel Núñez

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta