Simancas di que "non hai alternativa de goberno a Sánchez" e pide que se "respecten as urnas"

O secretario xeral do grupo socialista no Congreso insta a que "a lexislatura bote a andar inmediatamente".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 14:22

Comparte esta noticia

O secretario xeral do grupo socialista no Congreso, Rafael Simancas, pediu este venres ao PP, Ciudadanos e Podemos que "desbloqueen a situación institucional española" e posibiliten a formación dun goberno a Pedro Sánchez "ante o que non hai alternativa".

Rafael Simancas pronunciouse así durante a reunión de traballo en Ourense co secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, e cos deputados e senadores socialistas da provincia de Ourense.

Así mesmo, considerou inxusto que a oposición aboque ao país a eleccións cando "as urnas falaron sobre o goberno que necesitan e merecen os españois".

Segundo Simancas, continuar á espera da formación dun goberno con plenas funcións "só pode convir por razóns partidistas, egoístas ou tácticas a PP, Ciudadanos e Unidas Podemos, pero non aos españois".

"A formación xa dun goberno progresista posibilitaría a consolidación dun estatuto dos traballadores, calidade nos empregos e unha lei que dignifique as pensións", sinalou.

"SÁNCHEZ SEGUE TRABALLANDO"

Na mesma liña foron as declaracións do secretario xeral do PSdeG, quen sinalou que "Sánchez está a traballar de forma continua para alcanzar todos os mecanismos que posibiliten o arranque da investidura".

En contraposición ao traballo dos socialistas a nivel estatal referiuse ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, que "leva tres anos sen traballar nos problemas de fondo da cidadanía galega". "Hai un goberno en España que goberna e un Goberno en Galicia que se dedica a protestar", resumiu.

Á súa vez, pediulle ao presidente da Xunta que "deixe o teatro do agravio" e "se poña a resolver nos 10 meses que quedan á fronte do Goberno galego o que non fixo en 10 anos".

Caballero dixo ver "intentos" de Feijóo por "facer da estratexia da protesta o seu salvavidas electoral" que lle permita "chegar vivo" ás próximas eleccións autonómicas e, no caso de habelas, nacionais.

O secretario xeral do grupo socialista no Congreso, Rafael Simancas, con Gonzalo Caballero en Ourense.
O secretario xeral do grupo socialista no Congreso, Rafael Simancas, con Gonzalo Caballero en Ourense. | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta