'O teu Xacobeo' terá máis de cen actividades por toda Galicia

As propostas abarcan unha gran variedade temática e están dirixidas a todo tipo de audiencias, desde os máis pequenos, a un público xeneralista e colectivos sensibles e que requiren unha maior visibilidade social.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 17:32

Comparte esta noticia

Galicia acollerá este verán máis dun centenar de actividades dentro da programación de 'O teu Xacobeo', unha convocatoria de proxectos aberta que por primeira vez implica a toda a sociedade galega co Ano Santo.

O programa conta cun investimento de 4,7 millóns de euros e 352 iniciativas e proxectos aprobados, propostos tanto polos concellos como por empresas privadas e entidades sen ánimo de lucro para difundir os valores do Camiño de Santiago e achegar esta celebración a todas as comarcas e municipios.

As propostas abarcan unha gran variedade temática e están dirixidas a todo tipo de audiencias, desde os máis pequenos, a un público xeneralista e colectivos sensibles e que requiren unha maior visibilidade social. Así, haberá desde proxeccións ao aire libre na Pobra, aplicacións de realidade aumentada na Fonsagrada, seminarios internacionais en Catoira, divulgación científica ou camiñadas escolares.

Este tipo de propostas combinaranse con outras de carácter gastronómico, xornadas de convivencia ou accións sustentables e de reforzo do compromiso do Camiño e a seguridade, entre outras moitas. Outras actividades destacadas son 'Festivaliño on de road', que percorrerá diferentes localidades con accións para os máis pequenos; o 'Barbeira Fest', o 'Festival Fisterra Flm' ou 'Músicas do Camiño'. A inclusión social será outro dos eixos do programa, con etapas do Camiño da Costa destinadas a adultos con TEA ou persoas con espectro autista.

Presentación de 'Ou teu Xacobeo'. XUNTA DE GALICIA - Arquivo
Presentación de 'Ou teu Xacobeo'. XUNTA DE GALICIA - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Anonimo 2

Não há dúvida, Feijóo é um grande político. A campanha eleitoral mais cara da história graças ao “O teu Xacobeo”!!!