Miranda acusa ao Goberno de non ter "reparo en impedir" o labor humanitario dos barcos de salvamento

A portavoz do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, criticou a ausencia dunha política migratoria europa común, "situación que empeora un problema non só político, senón de humanidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 09/08/2019 | Actualizada ás 18:01

Comparte esta noticia

A portavoz do BNG no Parlamento Europeo, Ana Miranda, denunciou a "hipocrisía" do Goberno español e da Unión Europea por "non ter reparo en impedir" o labor humanitario dos barcos de salvamento, en relación á paralización dos buques 'Aita Mari' e 'Open Arms'.

A través dunha nota de prensa, Miranda manifestou a necesidade de facilitar un porto seguro para os barcos que realizan as tarefas de salvamento no mar Mediterráneo. Tamén criticou a ausencia dunha política migratoria europa común, "situación que empeora un problema non só político, senón de humanidade".

O BNG fixo así pública a súa preocupación pola "criminalización" das entidades de salvamento, posto que en abril de 2018 o Parlamento Europeo aprobou unha resolución coa que pedía non penar a axuda humanitaria prestada pola ONG e recoñecer o seu traballo.

"Non podemos esquecer as causas polas que estas persoas se marchan dos seus países" e "salvar vidas, no Mediterráneo ou onde sexa, non pode ser un delito", subliñou a portavoz do Bloque en Europa.

Ana Miranda denuncia na Eurocámara que Noruega segue sen recoñecer as prestacións dos mariñeiros galegos. BNG - Arquivo
Ana Miranda denuncia na Eurocámara que Noruega segue sen recoñecer as prestacións dos mariñeiros galegos. BNG - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta