The Sounds e Belako pechan a segunda xornada do Festival Noroeste en Riazor

Completarán a sesión os galegos 'The Rapants', unha das agrupacións gañadoras do concurso de bandas e solistas da radio comunitaria local Cuac FM.

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 10/08/2019 | Actualizada ás 09:22

Comparte esta noticia

O 33 Festival Noroeste Estrella Galicia contará este sábado coas actuacións dos grupos The Sounds e Belako, na praia de Riazor, segundo informa a organización. A banda sueca liderada por Maja Ivarsson será a cabeza de cartel deste sábado, no areal coruñés, onde compartirán escenario co estilo 'retro-futurista' do grupo vasco Belako.

Completarán a sesión os galegos 'The Rapants', unha das agrupacións gañadoras do concurso de bandas e solistas da radio comunitaria local Cuac FM.

Este grupo de Muros (A Coruña) subirá primeiro ao escenario de Riazor. O seu concerto terá lugar ás 21,00 horas e unha hora despois actuará Belako para pechar os concertos os suecos The Sounds.

The Sounds
The Sounds | Fonte: Pustervic.nu

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta