Polo menos 96 galegos figuran na lista de falecidos ou asasinados no réxime nazi

O BOE vén de publicar os nomes das persoas mortas nos campos de concentración de Gusen, Mauthausen e Neu Stassfurt.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/08/2019 | Actualizada ás 13:31

Comparte esta noticia

O Boletín Oficial do Estado (BOE) publicou o pasado venres a lista de 4.427 españoles que foron mortos ou asasinados nos campos de concentración e exterminio do rexime nazi en Gusen e Mauthausen, así como en Neu Stassfurt. Alomenos 96 galegos figuran na lista, divulgada co obxectivo de facilitar aos familiares o seu rexistro como falecidos, segundo xustifica o Goberno central.

Crematorio de Mauthausen
Crematorio de Mauthausen | Fonte: Flickr

Entre a lista dos asesinados polo rexime fascista de Adolf Hitler figuran un total de 80 vítimas de orixe galega en Gusen, campo de exterminio próximo ao de Mauthausen, no que pereceron 15 galegos.

Estes dous campos de concentración situados en territorio austríaco figuran entre os máis sanguinarios en atrocidades cometidas polos fascistas. Tamén faleceu outro galego en Neu Stassfurt, ubicado en Alemaña.

RESARCIMENTO

Os familiares e interesados terán a posibilidade de presentar alegacións e solicitar correcións no prazo dun mes. Así, os seus parentes serán incluídos nun rexistro de falecidos, estatus que non tiñan, aos que o Estado quere agradecer e reparar. Calcúlase que son máis de 10.000 os españois deportados a campos de concentración polo goberno franquista, dos cales a metade pereceu.

No edicto publicado no BOE aparecen as ligazóns para que os familiares poidan tramitar as súas alegacións.

VÍTIMAS MORTAIS DE MAUTHAUSEN:

(nome, data de nacemento, data de falecemento)

Silvestre Albite Miranda 05-09-1912 Olveira, A Coruña/09-11-1941

Abilio Álvarez Bernardo 24-06-1917 Olellas, Ourense/02-02/1942

Liberio Bailin Pérez 11-02-1916 As Nogais, Lugo/13-09-1944

José Callón Peon 13-10-1913 Santa Uxía de Riveira, A Coruña/19-02-1943

Domingo Castro Morales 09-05-1910 Cabral, Pontevedra/02-02-1942

Cristóbal García Flores 01-08-1912 Vicas, A Coruña/02-02-1942

Manuel Lamelas 23-03-1900 Viveiro, Lugo/02-04-1943

Ricardo López López 12-05-1921 Beleigán, Lugo/11-09-1942

Olimpio Miguel Pazos 08-09-1909 Redondela, Pontevedra/18-04-1943

Manuel Permuy Pérez 31-12-1905 Iglesia, A Coruña/07-04-1942

Luis Rafales Lamarca 05-09-1917 A Coruña/ 09-09-1941

Julio Rajo Lorenzo 01-05-1917 Carballiño, Ourense/01-10-1942

Valentín Ramos González 01-05-1899 Brandomil, A Coruña/09-09-1941

Manuel Soutollo Iglesias 26-02-1915 Ourense/02-02-1942

Claudio Tizón Vázquez 13-02-1913 Pontevedra/02-02-1942

VÍTIMAS MORTAIS DE GUSEN

 

José Abedro Villaverde 14-09-1907 A Coruña/24-01-1943

 

Andrés Alonso Losada 21-01-1908 Peites, Lugo/06-01-1942

 

Antonio Araujo González 15-10-1916 Ourese/11-10-1941

 

Octavio Arias González 17-05-1917 Vilar de Donís, Lugo/15-02-1942

 

Jesús Arias López 17-01-1910 Sarria, Lugo/14-02-1941

 

Fernando Batalla Caule 23-05-1915 A Coruña/22-09-1941

 

José Becerra Trinanez 04-09-1915 Carantoña, A Coruña/19-11-1941

 

Antonio Billar Febrero 01-01-1912 Santomé, Ourense/11-08-1941

 

Francisco Caamaño Fernández 03-12-1907 Pobra do Caramiñal, A Coruña/03-11-1941

 

Juan Cameana San Isidro 01-11-1910 Pobra do Caramiñal, A Coruña/29-09-1941

 

Adriano Castillo Soudelo 01-03-1906 A Coruña/24-09-1941

 

Manuel Coto Martínez 11-12-1912 Marcón, Pontevedra/02-06-1943

 

Victoriano Díaz Ortas 21-05-1910 Mosteiro, Lugo/06-01-1942

 

Ramón Díaz Ribas 15-10-1887 Villa Juan Eraudio, Pontevedra/27-01-1941

 

Antonio Blanco Diéguez 25-10-1913 Freixido, Ourense/03-01-1942

 

Antonio Fariña Choupino 09-07-1906 Mapica, A Coruña/06-05-1941

 

Manuel Fernández Fernández 24-10-1913 Folgueiroa, Lugo/29-12-1941

 

Manuel Fernández García 14-09-1912 Mugardos, A Coruña/24-12-1941

 

Manuel Fernández Gutiérrez 19-03-1914 Vigo/04-11-1941

 

Tiberio Fernández Lorenzo 22-09-1912 Corzos, Ourense/11-12-1941

 

Manuel Fernández Parada 06-10-1916 Riveira, A Coruña/13-05-1942

 

José Fernández Pérez 20-09-1907 Estremar, Lugo/26-02-1942

 

Jesús Fernández Rodríguez 16-03-1919 Cotaros, Ourense/07-11-1941

 

José Fernández Santín 17-02-1907 San Miguel, Lugo/20-12-1941

 

Martín Ferreiro Álvarez 13-09-1992 Pontevedra/23-11-1941

 

Daniel Fidalgo Antelo 21-03-1913 Castrarón, A Coruña/03-02-1942

 

José Fidalgo Pérez 01-08-1910 Castiñeira, A Coruña/06-04-1941

 

Benedicto Folla Arias 12-12-1914 Freixido, Ourense/13-10-1942

 

Eligio Formoso Fernández 28-08-1914 Río Bodas, Ourense/03-12-1941

 

Juan Clemente García de la Cruz 23-11-1910 A Coruña/29-09-1941

 

Arturo García Lagares 25-03-1895 A Coruña/12-07-1941

 

José García Rodríguez 25-08-1902 Bartar, Ourense/19-12-1941

 

Ángel Gómez Cortés 12-10-1890 Pasaje Camposantos, Pontevedra/14-01-1942

 

Francisco Gómez Iglesias 17-05-1917 Ferrol/30-12-1941

 

Ramón Gómez López 30-10-1908 Boisán, Lugo/24-11-1941

 

Antonio Gómez Torres 13-06-1915 Pontevedra/17-02-1945

 

Isauro González Prada 30-10-1909 Castro Caldelas, Ourense/02-11-1941

 

José González Regueiro 10-12-1907 San Pantaleón Viñas, A Coruña/26-09-1941

 

José González Vázquez 21-12-1914 Quintela, Pontevedra/18-01-1942

 

Leopoldo López Criado 24-07-1905 A Coruña/03-11-1941

 

Jesús López Digón 10-03-1913 Freixo, Lugo/26-06-1942

 

José López Rama 28-08-1906 Vilasantar, A Coruña/21-12-1941

 

Octavio López Reymondez 17-02-1907 Villabol, Lugo/16-11-1941

 

Julio Martínez Arias 06-09-1910 A Coruña/07-09-1941

 

José Martínez Cacheiras 16-08-1901 A Coruña/23-11-1941

 

Castro Martínez Parada 22-06-1880 Trascastro, Lugo/28-07-1941

 

José Millán Martínez 29-10-1915 Pobra do Caramiñal, A Coruña/15-01-1942

 

Jesús Murado Mazoy 11-05-1897 Pol, Lugo/06-11-1941

 

José Naveira Campos 24-11-1910 Betanzos, A Coruña/12-08-1941

 

José Naveiro Couso 19-03-1911 Pobra do Caramiñal, A Coruña/18-12-1941

 

Marcial Otero Avión 21-01-1914 Covelo, Pontevedra/28-09-1941

 

Rafael Pardo Vallés 18-07-1912 Laxosa, Lugo/07-01-1942

 

José Andrés Peña Losada 16-10-1909 Franza, A Coruña/16-10-1941

 

Manuel Peña Martínez 10-12-1908 Feijeiro, A Coruña/24-11-1941

 

Magín Pérez López 25-03-1911 Sarreus, Ourense/08-11-1941

 

Avelino Pérez Rodríguez 10-10-1899 Entrimo, Ourense/05-08-1941

 

Antonio Quintana Romero 05-07-1909 Curril, Pontevedra/19-03-1942

 

Demetrio Rey Domínguez 15-09-1912 Santa Comba del Jarjantos, Ourense/17-07-1942

 

Juan Rey Lago 09-03-1911 Lampó, A Coruña/09-11-1941

 

Antolín Rodríguez Abad 19-10-1912 Vilanova de Arousa, Pontevedra/ 10-01-1942

 

Manuel Rodríguez Louro 15-05-1916 Ézaro, A Coruña/16-09-1941

 

Juan Rodríguez Trillo 17-02-1915 Corbeira, A Coruña/22-09-1942

 

Eduardo Romaní Abeijón 16-04-1915 Muro, A Coruña/08-07-1941

 

Carlos Romero Rebon 24-03-1915 Cervas, A Coruña/09-02-1942

 

Víctor San Miguel Prada 30-09-1914 A Coruña/10-01-1942

 

Balbino Santín Aira 11-11-1909 Sebras, Lugo/10-12-1941

 

Agustín Sauto Vilarez 02-04-1919 Nantín, Lugo/09-12-1941

 

José Seijas Aller 10-12-1907 Castro, A Coruña/28-11-1941

 

José Gusenseijas Insúa 07-04-1911 Carral, A Coruña/06-07-1942

 

Alberto Suárez Gallego 26-04-1918 Veiga, Ourense/14-11-1941

 

Enrique Tallón Charlón 04-06-1912 A Coruña/27-12-1941

 

Francisco Varela Loreino 15-11-1896 Vilagarcía de Arousa, Pontevedra/06-04-1941

 

Jesús Vázquez Balcominos 01-07-1910 Cuxas, Ourense/26-10-1941

 

Antonio Vázquez González 10-05-1910 Ourense/22-07-1941

 

Manuel Villar Piñón 02-08-1914 Cervo (Cedeira), A Coruña/27-12-1941

 

Ramón Lamela Marcate 09-01-1915 A Coruña/04-02-1942

 

José Pereira Pérez 22-07-1914 Mugardos, A Coruña/30-12-1941

 

Manuel Pontes Palmeiro 23-06-1899 Ferrol/04-07-1941

 

Agustín Souto Villares 02-04-1919 Nantín, Lugo/09-12-1941

 

NEU STASSFURT

 

Por último, na lista figura como falecido en Neu Stassfurt Isaías Galán Rodríguez, nacido o 10-07-1909 en Fornelos, Ourense.

 

UN VIVEIRENSE, ENTRE OS CASOS INVESTIGADOS POR ARMH

 

Segundo precisa El Progreso, Salvador Ferro, natural de Lugo e desaparecido, e Manuel Pardo (8/11/1944), de Viveiro, sen datos sobre o seu lugar de falecemento, son casos que busca a Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica (ARHM).

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta