As infraccións hixiénicas son as máis frecuentes nos establecementos de restauración galegos

Sanidade vén de inspeccionar 1.596 establecementos e conclúe que a meirande parte das infraccións están ligadas ás súas condicións hixiénicas.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

A Consellería de Sanidade inspeccionou 1.596 establecementos de restauración na última campaña de control sanitario e en 688 detectou infraccións. A máis frecuente corresponde ás condicións hixiénicas dos locais, que supuxeron un 40% do total.

Por outra banda, a Xunta tamén asegurou este domingo nun comunicado que o 56,9% dos locais cumpriron todos os requisitos.

Ademais, apuntaron que un 26% das infraccións están ligadas ao "cumprimento de programas de autocontrol"; seguidos de "incumprimentos de condicións estruturais" nun 18%; un 7% á "información proporcionada ao consumidor"; máis dun 6% ao "correcto censado no Rexistro Galego Sanitario de Empresas e Establecementos Alimentarios(REGASA) e nun 3,5% dos establecementos detectáronse infraccións ligadas á utilización de envases recheos "prohibidos pola normativa".

Así mesmo, a Consellería tamén pretendeu "verificar" a lei vixente e "comprobar e actualizar" os datos do REGASA, á vez que informa de que "deben estar inscritos" todos os establecementos de venda polo miúdo.

172 LOCAIS DADOS DE BAIXA

No que incumbe ao rexistro de locais, a Xunta sinalou que se deron de baixa 172 establecementos ao verificarse que "non exercían a actividade pola que se rexistraron".

Entre as actuacións nestes locais, apuntaron desde Sanidade que se enmarcan os "requirimentos para modificar as desconformidades", en concreto: 16 suspensións cautelares de actividade, 35 inmovilizaciones de produto e 58 expedientes sancionadores.

A campaña estivo destinada a "reforzar as inspeccións de todos os establecementos de restauración social, restauración comercial con ou sen comedor independente" e tamén naqueles que non estaban rexistrados e que foron localizados nos controis, explicou Sanidade.

Carne
Carne | Fonte: Manchester Evening News.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Becario en precario

Semella lixeiramente tendencioso empregar a fotografía dunha cadea que non se menciona no artigo como afectada, por moi pouco que me guste a súa comida... e bastante cutre empregar unha foto dun repositorio, sen mencionar a fonte, sen pagala e coa marca de auga ben visible.