Gonzalo Caballero acusa a Feijóo de "vitimista" e de utilizar a Xunta con fins "partidistas"

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, fixo tamén fincapé na boa xestión das obras do AVE en Galicia, como exemplo da acción dun goberno que "se compromete e cumpre" coa construción da infraestrutura.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, acusou este domingo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de "victimista" e de "aparentar agravio" en lugar de resolver os problemas de Galicia, ademais de utilizar a Administración autonómica con fins "partidistas".

Así o sinalou Gonzalo Caballero na súa visita á 'Festa do Polbo' de Carballiño, acompañado do alcalde da localidade, Francisco Fumega, xunto aos representantes institucionais e orgánicos dos socialistas galegos.

Pola súa banda, tamén expuxo que nas pasadas eleccións xerais a maioría dos galegos apoiaron "con claridade" a Pedro Sánchez e ao Partido Socialista para manter durante catro anos "a liña de avance e progreso dun goberno que dialoga".

"Os galegos merecemos un presidente da Xunta responsable e leal co cargo que ocupa", criticou Caballero, en resposta ás queixas de Feijóo contra o Goberno central.

AVE

Noutra orde de cousas, tal e como sinalou o partido nun comunicado, o secretario xeral fixo fincapé na boa xestión das obras do AVE en Galicia, como exemplo da acción dun goberno que "se compromete e cumpre" coa construción da infraestrutura.

Así mesmo, o líder socialista sinalou que a totalidade das obras contratadas para a construción do tren de alta velocidade na Comunidade "están en marcha e de acordo aos prazos establecidos".

Gonzalo Caballero na súa visita á Festa do Polbo en Carballiño. PSDEG
Gonzalo Caballero na súa visita á Festa do Polbo en Carballiño. PSDEG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta