Unha menor de 4 anos ferida de gravidade ao ser atropelada por un turismo en Carnota

A nena atopábase cruzando a vía por fóra do paso de peóns cando un vehículo a atropelou.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 20:14

Comparte esta noticia

Unha menor de catro anos resultou ferida de gravidade ao ser atropelada por un turismo na tarde deste domingo no municipio de Carnota. Os feitos sucederon pasadas as 17,00 horas cando o 112 Galicia recibiu a chamada dun particular alertando de que unha menor fora alcanzada por un coche.

Tal e como informou a Garda Civil a Europa Press, a nena atopábase cruzando a vía por fóra do paso de peóns cando un vehículo a atropelou.

Así mesmo, nun primeiro momento a vítima foi evacuada de gravidade ao Hospital Virxe da Xunqueira, no municipio de Cee, segundo informou o 112 Galicia. No entanto, máis tarde, os sanitarios trasladárona ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) para atendela neste centro.

Rúa de Carnota. Google Maps Rúa de Carnota. Google Maps
Rúa de Carnota. Google Maps Rúa de Carnota. Google Maps

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta