Sindicatos reclaman á Xunta unhas "mellores condicións de traballo" para o persoal técnico forestal

Critican que as condicións existentes foron establecidas no 2008, polo que están desfasadas.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/08/2019 | Actualizada ás 21:07

Comparte esta noticia

As organizacións Confederación Intersindical Galega (CIG), Comisións Obreiras (CCOO), Unión Xeral de Traballadores (UGT) e Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) reclamaron á Consellería de Medio Rural o establecemento dun "novo acordo de condicións de traballo" para o persoal técnico forestal a través da convocatoria dunha mesa de negociación realizada o pasado venres 9 de agosto.

Os sindicatos criticaron que as condicións de traballo existentes foron establecidas no ano 2008, polo que están "desfasadas". Así, manifestaron que esta situación se debe aos cambios na Consellería, á distribución de persoal e ás condicións tanto bioclimáticas como as de xestión do monte.

Tal e como informou a Europa Press o representante dunha das organizacións Emilio Doforno, tras case dous anos de mobilizacións para "tentar renegocialo", a Xunta asistiu á reunión "sen ningunha proposta". "Poderían convocarnos con moita antelación" criticou.

SOLUCIÓNS

Manifestación de axentes forestais en Vigo que contou co apoio de bombeiros e brigadistas de todo o país
Manifestación de axentes forestais en Vigo que contou co apoio de bombeiros e brigadistas de todo o país | Fonte: Miguel Núñez

Pola súa banda, na reunión puxéronse de manifesto as demandas dos enxeñeiros técnicos forestais e de montes dos 19 distritos existentes. Deste xeito solicitaban "solucións" a conflitos como o aumento do cadro persoal para "garantir os descansos legais establecidos", así como a "redución" do horario anual que "supera as 2.000 horas".

Conforme a isto, tamén piden a "regulación" do traballo os fins de semana, festivos, gardas e descansos; a distribución da carga de traballo e "mellor organización" entre a xestión de montes e a prevención de loita contra incendios; ademais de eliminar a "dispoñibilidade absoluta" dos xefes de distrito e establecer un segundo director de garda por distrito forestal.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta