Buscan a unha moza de Lalín desaparecida desde o venres en Santiago

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 12/08/2019 | Actualizada ás 10:59

Comparte esta noticia

Unha menor de 16 anos, Alondra A.G., permanece desaparecida desde o pasado venres, segundo informa a organización SOS Desaparecidos en redes sociais.

En concreto, a nova, de Lalín (Pontevedra), desapareceu o venres en Santiago de Compostela, sen que polo momento se teñan noticias do seu paradoiro.

Trátase dunha menor que mide 1,50 de estatura, pesa 58 quilos e ten o pelo e os ollos de cor castaña. Da investigación, encárgase o Corpo Nacional de Policía.

Menor de Lalín  desaparecida en Santiago de Compostela. SOS DESAPARECIDOS
Menor de Lalín desaparecida en Santiago de Compostela. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta