Temas: CAN ANIMALISTAS

Piden "recolocar" e "rehabilitar" o can que atacou a catro persoas no Bolo

Animalistas consideran "pouco relevante" o feito de que o animal estivese en "celo", como motivo principal do ataque. Apuntaron que cunha "intervención veterinaria" púidose previr o accidente.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 12/08/2019 | Actualizada ás 17:09

Comparte esta noticia

A Asociación Animalista Libera e a Fundación Franz Weber pediron este luns a "recolocación" e "rehabilitación" do can --de raza mastín-- implicado no incidente ocorrido o pasado domingo no Bolo (Ourense) que deixou catro persoas feridas.

Estes colectivos sinalaron a través dun comunicado que a tenencia dun animal supón unha "responsabilidade" e non unha "obrigación". Por iso, reclaman que o animal sexa trasladado a un adestrador profesional, ademais de buscarlle unha familia que o atenda "como cómpre".

Pola súa banda, tamén tacharon de "pouco relevante" o feito de que o animal estivese en "celo", como motivo principal do ataque. Conforme a isto, os animalistas lembraron que cunha "intervención veterinaria" púidose previr " o accidente.

Así, solicitan aos poderes públicos a través de axudas económicas, o fomento das operacións de esterilización para evitar "camadas indeseadas" e mesmo "mitigar" determinados comportamentos. Mentres tanto, fixeron fincapé en que a Xunta tende a propor a "morte" do animal en lugar de impor "actuacións de rehabilitación".

Mastín Leonés vixiando un reballo de ovellas
Mastín Leonés vixiando un reballo de ovellas | Fonte: O-Xan

Temas: CAN ANIMALISTAS
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta