O Foro Galego da Inmigración convoca unha protesta para reclamar o traslado a porto dos inmigrantes

Insta a "todas as organizacións e persoas solidarias" a participar nesta protesta, que terá lugar este mércores, para reclamar que a política migratoria da Unión Europea deixe de ser "unha monstruosidade todos os días".

Por Europa Press / Redacción | A CORUÑA | 13/08/2019 | Actualizada ás 12:36

Comparte esta noticia

O Foro Galego da Inmigración convocou para este mércores, ás 20,00 horas, unha concentración ante a Subdelegación do Goberno para reclamar o traslado a "porto seguro" dos inmigrantes que permanecen en alta mar, como o caso dos que se atopan no 'Open Arms'.

En concreto, insta a "todas as organizacións e persoas solidarias" a participar nesta protesta para reclamar que a política migratoria da Unión Europea deixe de ser "unha monstruosidade todos os días". A concentración foi convocada baixo as proclamas 'Porto seguro xa', 'Dereito ao refuxio' e 'Vida digna para todas'.

Nun comunicado sinala que no que vai de ano "máis de 840 persoas perderon a vida no Mediterráneo segundo a Organización Internacional das Migracións". "Hoxe dous barcos, o 'Open Armas' e o 'Ocean Viking' esperan autorización para levar a porto seguro en Malta ou Italia a máis de 400 persoas".

O Foro Galego da Inmigración critica o posicionamento de Italia por "ameazar a toda ONG que entre nas súas augas territoriais con multas de ata un millón de euros e con reter aos barcos de rescate"; a Malta por "non conceder autorización" e a España por "desentenderse dun barco con bandeira española".

Aos seus respectivos gobernos, repróchalles non "respectar o dereito internacional" e incumprir "vergonzosamente" coas obrigacións que este lle impón. Por outra banda, denuncia o "trato inhumano e degradante que supón esta espera no mar" e esixe que se cumpra "a lei do mar" e se lles leve a "porto seguro". Tamén solicita "vías de acceso seguras para as persoas solicitantes de asilo".

Misión de salvamento de Proactiva Open Arms
Misión de salvamento de Proactiva Open Arms

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta