Máis de cincuenta obras compiten na nova edición do Premio Torrente Ballester en galego

O premio, dotado con 25.000 euros e a publicación da obra, recaeu na pasada edición na novela '900', de Xabier López, e que acaba de chegar ás librarías, editada por Galaxia.

Por E.P. | A CORUÑA | 13/08/2019 | Actualizada ás 18:00

Comparte esta noticia

Un total de 56 obras optan á nova edición do Premio Torrente Ballester en galego da Deputación da Coruña, que se fallará no outono, segundo informa o organismo provincial.

O premio, dotado con 25.000 euros e a publicación da obra, recaeu na pasada edición na novela '900', de Xabier López, e que acaba de chegar ás librarías, editada por Galaxia.

A obra de Xabier López foi definida polo xurado como unha historia, a dunha saga familiar, "narrada con intelixencia, ironía e humor", ademais, de "sagaz e cervantina que percorre a historia de Galicia e Europa desde o século XIX ata a posguerra".

A obra foi seleccionada na terceira edición na que houbo dúas modalidades no premio, unha para obras en galego e outra en castelán. En anteriores edicións, Eli Ríos, con 'Luns', e Antonio Piñeiro,con 'A través do fume', fixéronse co galardón.

Novela'900', de Xabier López, gañadora do Premio Torrente Ballester en galego. DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Novela'900', de Xabier López, gañadora do Premio Torrente Ballester en galego. DEPUTACIÓN DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta