Na ponte de agosto só se poderá desfrutar de dous días de praia

O xoves e o venres serán días de praia, pero de cara á fin de semana o tempo cambiará e deixará ceos cubertos, choivas e baixada de temperaturas.

Por Europa Press / Redacción | MADRID | 14/08/2019 | Actualizada ás 14:09

Comparte esta noticia

O tempo será en xeral estable e asollado en todo o estado durante a Ponte do 15 de agosto, salvo en Galicia, onde só o xoves e o venres serán días de praia.

Segundo informa a Europa Press unha das portavoces da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), Beatriz Hervella, este mércores pola tarde, xusto no inicio da Operación Saída da Ponte, subirán as temperaturas en toda España, excepto en Galicia, o sur de Andalucía e Canarias.

Precisamente, en Galicia aínda se producirán orballos debido a unha fronte que se estenderán pola noite ao cantábrico occidental. En Canarias continuará o réxime de ventos alisios, pero non terán tanta forza como estes últimos días, senón que serán xa de intensidade moderada, aínda que poderá haber refachos puntualmente fortes.

Durante o xoves, a fronte que afectou a principios da semana a Galicia avanzará pola zona norte, afectando ao cantábrico occidental con orballos e choivas débiles, así como con ceos cubertos. Será nesta zona onde as temperaturas baixarán, en concreto uns 5ºC nas máximas. E en Galicia abriranse claros, ata o punto de que será "un día de praia", segundo indica Hervella.

A portavoz do AEMET destaca tamén que haberá nubes baixas no Estreito, Melilla e norte de Canarias, e que se prevén chuvascos treboentos localmente e puntualmente fortes no nordeste de Cataluña pola tarde, onde se activaron avisos de nivel amarelo desde as 12.00 ás 18.00 horas na zona norte de Barcelona, no Prepirineo, por choivas que nunha hora poden acumular 20 l/m2 ou máis.

En canto ás temperaturas, decretáronse avisos por temperaturas máximas no Val do Guadalquivir e no do Guadiana, e na zona sur de Gran Canaria, onde se poderán alcanzar os 35ºC de máxima. No resto de España, o tempo permanecerá "tranquilo, estable e asollado". Para o venres, no nordeste de Cataluña produciranse chuvascos aínda activos que logo diminuirán.

Mentres, seguirá a calor nos Vales do Guadiana e do Gualdaquivir (máis cara á zona de Xaén e Córdoba) e en Canarias, onde os avisos se activarán a todo o arquipélago canario (menos en La Palma, El Hierro e La Gomera), onde as máximas poderán ser de 37ºC.

A situación no resto do país será similar ao xoves, onde predominará a estabilidade. De feito, no noroeste terán, tal e como remarca Hervella, "un segundo día de praia", especialmente en Galicia.

FIN DE SEMANA CHUVIOSO NO NORTE

Pero o tempo cambiará de cara ao fin de semana. Así, outra fronte que entrará polo noroeste deixará os ceos cubertos en Galicia o sábado, con choivas pola tarde acompañadas dunha baixada das temperaturas.

No resto non haberá grandes cambios nos termómetros e é probable que se manteñan os avisos por calor nos vales do Guadalquivir e Guadiana, así como en Canarias. E o domingo, poderíanse producir choivas no terzo norte peninsular, podendo ser estas máis significativas no cantábrico occidental, en especial Asturias, e descender as temperaturas.

Praia de Luanco, en Gozón (Asturias)
Praia de Luanco, en Gozón (Asturias) | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta