Localizadas cinco persoas no porto exterio da Coruña que querían subir nun barco con destino a Canadá

A Policía Nacional explicou que, das cinco persoas identificadas, catro están en proceso de solicitude de asilo e o quinto en situación de estancia.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/08/2019 | Actualizada ás 15:07

Comparte esta noticia

Cinco persoas foron identificadas o porto exterior da Coruña despois de tentar entrar nun barco cuxo destino era Canadá. Os feitos producíronse a principios desta semana, segundo confirmaron fontes da Policía Nacional, que explicaron que unicamente se procedeu á súa identificación.

En concreto, axentes da Brigada Provincial de Estranxeiría e Fronteiras da Coruña interviron tras localizarse a cinco persoas tentando viaxar desde o porto de punta Langosteira, subindo ao citado barco.

A Policía Nacional explicou que, das cinco persoas identificadas, catro están en proceso de solicitude de asilo e o quinto en situación de estancia.

Ademais, precisaron que non se pode falar neste caso de polisóns xa que así se denomina, segundo lembraron, ás persoas que chegan a outro país escondidas nun barco, o que non ocorreu neste caso.

Punta Langosteira. PUERTO DE A CORUÑA - Archivo
Punta Langosteira. PUERTO DE A CORUÑA - Archivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta