En liberdade un dos investigados por un delito contra a saúde pública durante un operativo no Salnés

A operación, que comezou este luns 12 de agosto na provincia de Pontevedra, foi iniciada por un xulgado da Comunidade Valenciana.

Por E.P. | PONTEVEDRA | 14/08/2019 | Actualizada ás 15:25

Comparte esta noticia

Un dos detidos no marco do operativo contra o narcotráfico desenvolvido esta semana no Salnés que pasou a disposición xudicial en Cambados quedou en liberdade en calidade de investigado por un delito contra a saúde pública.

Segundo informaron fontes xudiciais, pasou unha persoa a disposición do Xulgado Mixto número 4 de Cambados, en funcións de garda, tras o que quedou en liberdade, a disposición do xulgado competente. Esta persoa está investigada por un delito contra a saúde pública no marco deste operativo con polo menos nove detidos pola Garda Civil.

Pola súa banda, este mércores seis dos detidos no marco do mesmo operativo está previsto que pasen a disposición xudicial no Xulgado de Instrución número 1 de Vilagarcía, en funcións de garda. O operativo desenvólveno axentes do Equipo de Investigación Contra o Crime Organizado (ECO) de Galicia e da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil de Madrid.

Fontes próximas á investigación confirmaron que entre os detidos neste operativo contra o narcotráfico hai cidadáns colombianos, españois e outras nacionalidades. Nos rexistros realizados en varias localidades pontevedresas os axentes despregados recolleron diñeiro, documentación e diversa cantidade de droga. A operación, que comezou este luns 12 de agosto na provincia de Pontevedra, foi iniciada por un xulgado da Comunidade Valenciana, aseguraron fontes consultadas.

GARDA CIVIL
GARDA CIVIL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta