Temas: TEATRO A CORUñA

A XIX edición do Festival Manicómicos celebrarase na Coruña desde este xoves ata o domingo

Entre as novidades desta edición, inclúese a presenza da danza coa compañía Mar Gómez e o espectáculo 'Slapstick'.

Por E.P. | A CORUÑA | 14/08/2019 | Actualizada ás 17:24

Comparte esta noticia

A Coruña acollerá desde o xoves e ata o domingo a XIX edición do Festival Manicómicos, que levará a distintas rúas da cidade o clown e o teatro xestual cun total de dez espectáculos.

Así o explicou o codirector do festival, Carlos Sante, da Asociación Manicómicos, na presentación desta proposta xunto á concelleira de Festas, Diana Cabanas. Esta, pola súa banda, avogou por apoiar o traballo dos grupos de teatro que fan un "labor divulgativo e didáctico".

Entre as novidades desta edición, inclúese a presenza da danza coa compañía Mar Gómez e o espectáculo 'Slapstick', que se estreará o venres, ás 12,30 horas, nos xardíns de Méndez Núñez.

Os espectáculos están pensandos para todos os públicos, excepto 'Llubert', que os cataláns Inda Pereda representarán este xoves, ás 22,00 horas, na chaira de bancos de Santa Margarita e que está recomendado para maiores de 16 anos. O Obelisco, o Campo da Leña ou a Casa das Ciencias serán outros dos escenarios nesta edición.

Presentación da XIX edición do Festival Manicómicos. CONCELLO DA CORUÑA
Presentación da XIX edición do Festival Manicómicos. CONCELLO DA CORUÑA | Fonte: Europa Press

Temas: TEATRO A CORUñA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta