Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2019 | Actualizada ás 13:58
A colisión dun turismo cunha furgoneta saldouse cunha persoa falecida e dous feridos na AC-552, ao seu paso polo municipio coruñés de Carballo.
Á unha da madrugada, un particular alertou ao 112 dun choque entre dous vehículos cunha persoa atrapada na estrada que une Bértoa e Carballo.
O servizo de emerxencias informou os axentes de Tráfico, á Policía Local e aos efectivos do servizo municipal de Protección Civil.
Tras finalizar a súa intervención, os bombeiros confirmaron ao persoal do 112 a liberación do condutor da furgoneta. Sinalaron que o condutor foi trasladado polos profesionais sanitarios ao Hospital Modelo da Coruña. O condutor do turismo resultou ferido leve e o copiloto faleceu no hospital.
Nada máis ser evacuados polos servizos sanitarios, o persoal de mantemento da estrada encargouse da limpeza da vía.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.