Novo desprendemento na praia das Catedrais

Ningún visitante resultou ferido.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2019 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A praia das Catedrais, en Ribadeo (Lugo), rexistrou un novo desprendemento este xoves, pero ningún visitante resultou ferido, segundo informan fontes de Protección Civil da localidade.

Praia das Catedrais
Praia das Catedrais | Fonte: Europa Press

De feito, estas fontes apuntan que estas caídas de laxas son algo "habitual", sobre todo cando se producen cambios de temperaturas como os destes días e choivas.

De acordo con Protección Civil, o desprendemento "debeu de ser pola mañá", pero nunha cova e "a xente está avisada de que non pode andar polos cantiis".

Nunha xornada festiva de bo tempo en plena ponte de agosto, a zona, con numerosos turistas, foi sinalizada e logo cuberta pola marea.

En marzo do ano pasado produciuse o accidente que acabou coa vida dunha moza á que caeu unha pedra na cabeza. Estes feitos motivaron un reforzo dos estudos sobre a seguridade do areal por parte das diferentes administracións.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta