A Deputación de Pontevedra replica á Xunta sobre o turismo nas Rías Baixas: "O conselleiro sabe que o que dixo non é certo"

O deputado provincial Carlos Font replicou este xoves á Xunta sobre a realidade turística nas Rías Baixas, ao afirmar que o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, "non ensina os datos porque sabe que o que dixo non é certo".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/08/2019 | Actualizada ás 18:30

Comparte esta noticia

O deputado provincial Carlos Font replicou este xoves á Xunta sobre a realidade turística nas Rías Baixas, ao afirmar que o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, "non ensina os datos porque sabe que o que dixo non é certo".

Praia da Fonte en Vigo
Praia da Fonte en Vigo | Fonte: © Miguel Núñez.

Font pregúntase "cal é o interese da Xunta en vir á provincia de Pontevedra a dar datos parciais e ocultar os relevantes, tentando facer crer que o turismo non vai ben". "Vai extraordinariamente ben e nin o sector nin a cidadanía o merecen", asevera.

O martes, a presidenta da Deputación pontevedresa, Carmela Silva, acusou ao conselleiro de "ocultar os datos relevantes" nesta materia relativos a Vigo durante o primeiro semestre do ano e de "mentir" respecto dos da cidade de Pontevedra.

A Xunta respondeu o mércores con "estupefacción" ante a actitude "airada e inxustificada" de Silva, á que criticou por mostrar "un profundo descoñecemento da realidade turística" por mor da presentación do balance de Galicia no primeiro semestre.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Carlos López Font (ata hai catro días concelleiro de Seguridade en Vigo) sabe moito de OCULTAR DATOS e de manipular a información! En canto a Carmela Silva supoño que os seus datos virán do número de veraneantes que no mes de agosto enchen a illa de Toralla (onde ela vive nunha mansión que seica mercou o seu fillo e ela vive de Okupa) ? Pero ninguén explica como cobrando 5.500 € ao mes ten unha declaración de renda de 1.800 € ? E seguimos para Bingo! Así viven os Socialistas en AbelCity !!! https://www.google.com/maps/d/viewe...