Reclaman máis persoal de auxiliar de enfermaría e melloras para a residencia mixta de maiores de Ferrol

O comité de empresa de Política Social da provincia da Coruña pide tamén máis medidas "que solucionen os problemas estruturais do edificio e as condicións dos residentes e de todo o persoal".

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 16/08/2019 | Actualizada ás 13:57

Comparte esta noticia

O comité de empresa de Política Social da provincia da Coruña reclamou a dotación de máis persoal de auxiliar de enfermaría para a Residencia Mixta de Maiores de Ferrol. Tamén medidas "que solucionen os problemas estruturais do edificio e investimentos para mellorar as condicións de vida dos residentes e de traballo de todo o persoal".

Enfermeira prepara sala de exploración
Enfermeira prepara sala de exploración | Fonte: BANC IMATGES INFERMER

Afirma que desde o pasado mes de xullo o persoal "está á espera de que por parte de Política Social se tomen medidas e se dea resposta á documentación asinada por 33 auxiliares, todas elas do departamento de enfermaría".

Respecto diso, sinala que as condicións laborais e de asistencia aos residentes "están a deteriorarse" e critica que "ata o día de hoxe" non tivesen resposta as demandas expostas por parte do persoal.

Entre outras cuestións, denuncian a existencia de quendas de traballo "a mínimos, nos que non se corresponde o número de efectivos en quenda co entregado ao comité de empresa"; "sobrecarga" de traballo ao persoal ou unhas instalacións das que piden a súa mellora por entender que non dispoñen do espazo adecuado para cadeiras de rodas por tratarse de "corredores estreitos e con elevadores pequenos e escasos".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta