Temas: MORTE MARíN

Unha muller de 84 anos aparece afogada nun lavadoiro de Marín

O corpo sen vida apareceu no lugar de Ameal, na parroquia de Santa María do Campo.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 17/08/2019 | Actualizada ás 11:26

Comparte esta noticia

Os servizos de emerxencia rescataron na noite deste venres o corpo sen vida dunha muller de 84 anos de idade do interior dun lavadoiro situado no lugar de Ameal, na parroquia de Santa María do Campo do concello pontevedrés de Marín.

Coche da Policía Nacional
Coche da Policía Nacional | Fonte: Arquivo.

Foi unha persoa particular e os propios axentes da Policía Nacional os que alertaron do suceso mediante unha chamada ao 112 Galicia ás 21.,00 horas o que permitiu activar o operativo.

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) puxo os feitos en coñecemento do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos bombeiros do Morrazo, da Policía Local e dos voluntarios de Protección Civil da localidade, que se desprazaron ata o lugar nada máis recibir a chamada de alerta.

Segundo informaron fontes da Policía Local, tratábase dunha muller de 84 anos de idade veciña da zona. Os esforzos dos servizos sanitarios por reanimala non tiveron éxito.

A Policía Nacional trata de esclarecer as causas do suceso. Barállase a opción de que a señora caese ao lavadoiro e afogase.

Temas: MORTE MARíN
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta