O PSdeG pide a Feijóo que explique a súa estratexia electoral "agora que o PP se entregou aos pactos coa ultradereita"

Gonzalo Caballero esixe ao presidente da Xunta que "diga aos galegos se vai ser o representante dos intereses de Vox en Galicia".

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2019 | Actualizada ás 14:20

Comparte esta noticia

O secretario xeral do PSdeG, Gonzalo Caballero, pediu este domingo ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que explique a súa estratexia electoral "agora que o PP se entregou aos pactos coa ultradereita sen complexos".

Gonzalo Caballero
Gonzalo Caballero | Fonte: Europa Press.

Durante a súa visita á Festa da Malla do concello lucense de Meira, o líder dos socialistas galegos referiuse ao pacto entre o Partido Popular e Vox na Comunidade de Madrid, que permitiu a Isabel Díaz Ayuso converterse na presidenta autonómica.

"O PP acaba de mostrar en Madrid que está entregado aos intereses da ultradereita de Vox e que vai pactar con esa ultradereita sempre que sexa necesario para conseguir os votos e chegar aos gobernos. O PP de Pablo Casado e de Cayetana Álvarez de Toledo abandonou a moderación, o centro político e a mesura", lamentou Gonzalo Caballero.

Neste contexto, pediu a Feijóo que explique a súa estratexia electoral e que "diga aos galegos se vai ser o representante dos intereses de Vox en Galicia". Tamén solicitou ao presidente da Xunta que aclare se vai integrarse nunha fórmula de 'España suma' que incorpore todas as dereitas, a pesar de que o vicepresidente do Executivo galego, Alfonso Rueda, descartou esta semana un proxecto desas características en Galicia, xa que "o PP sempre conseguiu a confianza maioritaria dos galegos".

"Os socialistas imos combater dialecticamente e politicamente contra o PP que pacta con Vox e contra esa forza de ultradereita que supón un retroceso para os avances do país", sentenciou Gonzalo Caballero.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta