Buscan un home de 44 anos desaparecido na Estrada

Trátase de José Ángel Bandin Miguen, que desapareceu o pasado sábado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 18/08/2019 | Actualizada ás 19:01

Comparte esta noticia

A Garda Civil iniciou un operativo de procura para atopar a un home de 44 anos, José Ángel Bandin Miguen, que desapareceu o pasado sábado no municipio pontevedrés da Estrada.

Imaxe do home que desapareceu este sábado na Estrada.. SOS DESAPARECIDOS
Imaxe do home que desapareceu este sábado na Estrada.. SOS DESAPARECIDOS | Fonte: Europa Press

O home é veciño da parroquia de San Xurxo de Vea na Estrada e ninguén tivo noticias del desde a tarde do pasado sábado 17 de agosto ao redor das 16,00 horas, momento no que os seus familiares comezaron a ter constancia da súa falta.

Segundo fontes da Garda Civil, a familia púxose en contacto con esta institución a mañá deste domingo para dar conta do sucedido e abrir un operativo de busca. As mesmas fontes tamén explicaron que nas bases de datos da Garda Civil non constan antecedentes de desaparición desta persoa.

Pola súa banda, a plataforma SOS Desaparecidos publicou nas súas redes sociais unha descrición física do home para colaborar na súa identificación e describiron que ten o pelo moreno, vestía un pantalón vaqueiro azul, suadoiro gris e zapatillas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta