Comparte esta noticia

Xunta de Galicia e Concello de Vigo manteñen desde hai meses unha guerra aberta polas súas candidaturas a Patrimonio da Humanidade da Unesco. Mentres o Goberno galego defende o seu proxecto para a totalidade do Parque Nacional das Illas Atánticas, o Concello vigués reivindica o seu plan específico só para as Cíes.

Illas Cíes
Illas Cíes | Fonte: © Miguel Núñez

O conflito, lonxe de solucionarse cun consenso, avívase a medida que ambos os dous proxectos avanzan con apoios e argumentos distintos, e cruces de acusacións.

A Xunta defende que a súa candidatura xa foi aprobada polo Consello do Patrimonio Histórico para a súa inclusión na Lista Indicativa das candidaturas de España a Patrimonio da Humanidade. E o propio presidente de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, lamentou que “é a primeira vez que ocorre” algo así, isto é, a concorrencia de dúas candidaturas cun mesmo fin".

Pola súa banda, a candidatura viguesa sumou parte da elite científica do país nun grupo de traballo con investigadores das tres universidades galegas, do Consejo Superior de Investigaciones Científicas (CSIC) e do Instituo Español de Oceanografía (IEO), que colabora con outro Comité económico-social, tamén con prestixiosos expertos, e un terceiro técnico creado polo Concello vigués.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, chegou cualificar de “ridículo cósmico” o que están a facer Feijóo e o seu goberno ao manter a candidatura das Illas Atlánticas, á que “se lle apiñan os problemas” e que foi “improvisada” para obstaculizar o proxecto impulsado polo Concello vigués. Mentres, Feijóo presume de que a candidtura da Xunta está xa na fase final coa elaboración dun estudo técnico e científico de expertos das tres universidades galegas en colaboración coa Xunta.

GC pregunta aos lectores que candidatura ven máis oportuna, a da Xunta para as Illas Atlánticas ou a do Concello de Vigo só para as Cíes.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta