A nova presidenta de Madrid arremete contra as políticas "identitarias" de Feijóo

Isabel Díaz Ayuso chega a comparar certas políticas do presidente galego coa de presidentes nacionalistas de Euskadi e Cataluña.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 20/08/2019 | Actualizada ás 08:10

Comparte esta noticia

A nova presidenta da comunidade de Madrid, Isabel Díaz Ayuso, equiparou Galicia con outras nacionalidades onde se producen diferencias por motivos "identitarios". Unha alusión á Xunta de Alberto Núñez Feijóo nun momento no que está a ser cuestionado polo núcleo duro de Xéneva.

Nunha entrevista este luns no ABC, a nova presidenta da Comunidade de Madrid, que hoxe asume o cargo, comparou certas políticas nacionalistas de Euskadi ou Cataluña coas de Galicia. "Se hai inxustiza en Cataluña, Navarra, Baleares ou onde sexa, (os madrileños) preocupámonos. E cando esas inxustizas fanse por culpa da política hai que denuncialo. Non pode ser que Navarra, País Vasco, en Baleares ou Valencia e ás veces en moitos lugares, en Galicia, se traten os problemas dunha ou outra maneira por unha cuestión identitaria".

Estas críticas a Feijóo chegan logo das diferencias que o líder do PP galego tivo coa nova voceira do PP no Congreso, Cayetana Álvarez de Toledo, e co núcleo duro de Casado, entre a que está a propio Ayuso.

Isabel Díaz Ayuso
Isabel Díaz Ayuso | Fonte: EFE

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 3 comentarios

2 o pepeiro

E triste de ver o efecto das drogas nos cerebros as alteracions psicóticas... debería centrarse nas imputacións por roubos e estafas tan típicas da dereita expañolenta

1 anonimo9602

Claro que sí, guapis: también son cosilla de la siniestra derecha los casos Filesa, Malesa y Time-Export (financiación ilegal del PSOE), los EREs de Andalucía con, entre otros, sus falsos prejubilados (721 millones de EUR) o el gobierno de la comunidad autónoma de Valencia repartiendo en tres años una veintena de 'ayudas' al periódico de un tal Ximo Puig que, ¡oh sorpresa! es el presidente de dicha comunidad autónoma [1]. [1] https://www.vozpopuli.com/medios/go...

1 rUqt

Yo no sé cómo Casado permite el extremismo de Feijoo en política lingüística, fomentando y dando aire a todos los chiringuitos nacionalistas, o que gobierne al dictado de La Voz.