Educación abre o prazo para solicitar os plans de formación permanente de profesorado

A convocatoria está dirixida ás escolas públicas que impartan Primaria, ESO ou Bacharelato e que buscan "a excelencia educativa e a mellora da calidade nos resultados do alumnado".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 20/08/2019 | Actualizada ás 13:14

Comparte esta noticia

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional publicou a convocatoria para solicitar os plans de formación permanente de profesorado (PFPP), unha estratexia formativa que se implantará nos centros públicos inscritos no próximo curso 2019/20.

A Xunta indicou nunha nota de prensa que o obxectivo desta iniciativa é "actualizar e perfeccionar" as competencias profesionais dos docentes. Educación sinalou que este plan "consiste na integración do colexio nunha rede de formación dependente da Consellería, que xestionará a experiencia a través dun asesor asignado". Desta forma o organismo público guía a experiencia e axuda a pór en contacto aos distintos participantes.

Como apunta o Executivo galego, a convocatoria está dirixida ás escolas públicas que impartan Primaria, ESO ou Bacharelato e que buscan "a excelencia educativa e a mellora da calidade nos resultados do alumnado".

A Consellería de Educación concretou que a preinscrición "poderá realizarse ata o 27 de setembro" e a presentación de solicitudes "estará aberta ata o 8 de outubro". As solicitudes realizaranse desde a aplicación FProfe, desenvolvida polo mesmo organismo.

Aula dun colexio. XUNTA
Aula dun colexio. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta