A Deputación de Lugo confirma que as 18 residencias comprometidas na provincia seguirán adiante

O pleno extraordinario, celebrado a petición do PP, estivo cargado de tensión cara ao final, momento no que Tomé lle dixo a Candia que se lle "fora a olla" cunhas declaracións. Precisamente, a voceira popular insistiu na "triste" historia dos centros de maiores de Lugo. O BNG, pola súa parte, pídelle á Xunta "que se sume ao carro" cos recursos dos que dispón.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 20/08/2019 | Actualizada ás 14:35

Comparte esta noticia